jueves, 12 de marzo de 2009

Ata o vindeiro sábado 14 de marzo está aberta a exposición de fotografía "Norte de Portugal: visoes contemporáneas

Toda a actualidade de Tui


Ata o vindeiro sábado 14 de marzo podemos contemplar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a exposición de fotografía " Norte de Portugal, visoes contemporáneas" que organiza a Comisiao de Coordinaçao e Desenvolvimento Regional de Norte en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Tui.

A exposición está integrada por un conxunto de fotografías en grande formato de prestixiosos fotógrafos internacionais:

- Oded Shimshom

- Anibal Lemos

- Jamey Stillings

- Júlio de Matos

Composta por 48 obras que abranguen desde paisaxes a valores humanos, patrimoniais, económicos, naturais e urbanos, presentando imaxes e intuicións novas e cosmopolitas, particulares e simbolicamente universais.

O traxecto que se suscita con esta exposición serve de motivo para o aprofundamento do coñecemento mutuo entre Galicia e o Norte de Portugal, terras veciñas cunha memoria, unha lingua e un futuro en común.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta exposición é un importante acontecemento cultural para a nosa cidade pois amais de poder contar cunha mostra na que participan recoñecidos fotógrafos de prestixio internacional supón consolidar á cidade de Tui como un elemento referencial nas relacións entre Galicia e o Norte de Portugal, consolidando a vocación de "ponte" da nosa localidade. Este Concello de Tui agradece moi especialmente ao Presidente da Comisiao de Coordenaçao e Desenvolvimento do Norte de Portugal, o Dr. Carlos Lage, o seu interese en que esta exposición puidese ser contemplada na nosa cidade e, especialmente, a súa participación no acto inaugural do pasado 2 de marzo dándolle unha singular relevancia ao mesmo.

Fonte: Concello de Tui

Espectáculo de teatro para os maiores dun ano en Tui

Toda a actualidade de Tui

Os nenos de Tui teñen unha cita este venres no teatro municipal, ás oito da tarde.
é o día e a hora prevista para que os personaxes da compañía Galitoon, que xa cativou ao público máis crítico da localidade con «Golulá», vólvanse a subir ao escenario tudense.

Neste caso, con «Babiliglub», unha obra de teatro feita con tan só catro palabras e pensada para os máis pequenos (a partir dun ano de idade).

Segundo avanzaron desde o departamento de Cultura, dun espectáculo fermoso, cheo de cor, ritmo e música, que atrapa dende ou primeiro momento ao público». é unha aposta polo visual e musical, cunha trama que apenas precisa de palabras e na que o texto é o movemento, o ritmo, a presenza dos personaxes e un contexto concreto: o fondo do mar. No vive tranquila a fauna mariña, con peixes de cores que din «glub» mentres que un pequeno só sabe dicir «Miau». Por iso é rexeitado por todos, salvo por unha pequena estrela que o imita e vai con el a todas partes.

Dan vida aos personaxes Óscar Ferreira, santiago Alonso e Xurxo Cortázar, baixo a dirección de Andrea Bayer.

As entradas pódense comprar xa na páxina www.culturatui.info ou o mesmo día da representación no teatro. Os prezos oscilan entre os 3 euros e os 2, para menores de 12 anos ou con desconto.

Fonte: lavozdegalicia

Concurso para escolares no Día do Pai

Toda a actualidade de Tui

A asociación de comerciantes de Tui (Acitui), premiará a creatividade, orixinalidade e técnica dos escolares tudenses aos que reta a participar nun concurso de pintura, con motivo da celebración, o vindeiro xoves. do día do pai.

Para participar só hai que ser alumnos dalgún dos centros educativos do municipio. A convocatoria está aberta para escolares de Infantil a sexto de Primaria. Para cada categoría establécese un único premio de 30 euros nun vale canjeable en establecementos asociados.

Fonte: lavozdegalicia