Toda a actualidade de Tui
Dous incendios en casas deshabitadas ameazan as zonas vellas de Ourense e de Tui:
Se non podes ver o vídeo: pique eiquí
As chamas iniciáronse na primeira planta da vivenda e chegaron a alcanzar o tellado
Un incendio rexistrado onte pola noite nunha vivenda deshabitada do centro histórico de Tui provocou importantes danos materiais no edificio e o seu tellado.
As chamas iniciáronse na primeira planta dun edificio da rúa Cuenca sobre as once da noite. As chamas expandíronse con facilidade e chegaron a calcinar completamente o tellado do edificio. Os bombeiros permaneceron toda a noite arrefriando a zona para evitar que se reavivase o incendio e que se estendese a través do tellado aos edificios lindeiros.
Na extinción do incendio participaron efectivos da Policía Local de Tui, o Grumir, a Garda Civil e os bombeiros do Porriño, que tiveron certos problemas para acceder co camión á vivenda.
· Fontes: lavozdegalicia
Informativos CRTVG
· Artigos orixinais: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/24/00031237892613847227831.htm?idioma=galego
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/24/00031237892613847227831.htm (artigo en castelán)
http://www.agalega.info/videos/?emi=6532&corte=2009-03-24&hora=08:35:47&canle=tvg1
martes, 24 de marzo de 2009
Ata din de mes está aberta a exposición de fotoxornalismo "Galicia en foco"
Toda a actualidade de Tui

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ata finais do presente mes de marzo a exposición de fotoxornalismo "Galicia en foco" que chega este ano a súa 19ª edición.
A exposición está organizada polo Club de Prensa de Ferrol coa colaboración da Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Tui. Esta exposición anual naceu en Ferrol en 1989 para a divulgación do traballo dos profesionais do fotoperiodismo galego, reivindicando o traballo dos fotógrafos de prensa. Este certamen ven avalado pola numerosa participación de reporteiros que cada ano se presentan á sua convocatoria.
As fotografías seleccionadas para a mostra, realizadas por veteranos e novos fotógrafos galegos, publicáronse ao longo de 2008 nos diferentes medios de comunicación con representación na Comunidade. Compoñen a mostra un total de 91 fotografías, obra de preto de 43 fotorreporteiros, que recollen diferentes momentos políticos, sociais e culturais do ano. A fotografía premiada neste «Galicia en foco» é obra de José Luiz Oubiña e foi publicada o 28 de xullo de 2008 no dirario Faro de Vigo con motivo da celebración da rapa das bestas en San Cibrán (Catoira).
Segundo destaca desde o organizador do certame dende o ano 1989, o Club de Prensa de Ferrol, a mostra deste ano «ábrese a novas lecturas da imaxe como é a fotorreportaxe, mantendo o discurso tradicional e de raíz do fotoxornalismo». Entre os fotorreporteiros que participan na exposición figuran habituais da prensa diaria como Iñaki Abella e Javier Lalín (Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña); Pedro Eliseo Agrelo e Xosé Marra (El País); Xoan A. Soler, Álvaro Ballesteros e Juan Marcos Míguez (La Voz de Galicia); Carlos Carballeira (Diario de Ferrol), Vanessa Casteleiro Martínez (La Opinión de A Coruña), Kiko Delgado (El Correo Gallego-Galicia Hoxe), Eva María Domínguez (La Región), Mónica Ferreirós e Carlos Folgoso (Diario de Arousa); Moncho Fuentes (20 Minutos), Miguel Muñiz e Óscar Corral (ABC), entre outros.
Para o concelleiro de cultura tudense esta exposición amplia a oferta de propostas que ao longo do ano acolle a Sala Municipal de Exposicións combinando a presenza de diversas técnicas artísticas, de diversos formatos e modalidades. Moisés Rodríguez Pérez salienta o esforzo que realoza a Concellería de Cultura tudense pola dinamización deste espazo expositivo do Edificio Área Panorámica que, estes días acolle tamén a exposición dos traballos presentados ao concurso para a elección do cartel das festas de San Telmo 2009.
Fonte: Concello de Tui
Artigo orixinal: http://www.concellotui.org/php/noticias.php?id=443

O Concello de Tui debate a retirada da medalla de ouro da cidade a Franco
Toda a actualidade de Tui
A primeira visita oficial do ditador foi o 22 de agosto de 1968 para a inauguración do Parador de Turismo San Telmo

Franco (I) escoita as explicacións do arquitecto Pons Sorolla no claustro da catedral, nun dos actos da súa visita a Tui para inaugurar o parador, en agosto de 1968
Francisco Franco Bahamonde, xefe do Estado de España durante corenta anos, realizou a súa primeira visita oficial a Tui o 22 de agosto de 1968, para inaugurar o Parador de Turismo San Telmo. Foi un acontecemento na localidade, como reflectiron entón os rotativos, mentres Televisión Española transmitía en directo os actos. Pasados os anos, a corporación municipal de Tui tratará na sesión plenaria do próximo xoves a retirada da Medalla de Ouro da Cidade concedida ao ditador o 24 de agosto daquel ano.
O ditame da comisión informativa de Benestar Social baséase na moción presentada polo BNG, que se cingue á Lei de Memoria Histórica.
O Boletín Informativo de Tui daquel tempo, que gardan coleccionistas, recolle pormenorizadamente os detalles da visita que, dous días despois, levaría o acordo da corporación municipal de conceder a Medalla de Ouro ao entón caudillo.
Franco desembarcara co seu iate "Azor" en Baiona, acompañado da súa esposa Carmen Polo. Sobre as sete da tarde era recibido oficialmente na praza de San Fernando pola primeira autoridade municipal de entón, José Casal Aboy, así como polo ministro de Información e Turismo, entón Manuel Fraga, entre outros cargos. Entraron baixo palio na catedral, sendo bispo frei José López Ortiz. Despois a comitiva percorreu o claustro, onde Franco tivo información das obras que se realizaron na sede episcopal por parte dos arquitectos García Lama e Pons Sorolla.
En automóbil percorreu despois as principais rúas de Tui, repletas de público, e dirixiuse ao Parador de Turismo, onde Fraga, como ministro, destacou a finalidade da instalación "neste paso fronteirizo que, no ano 1967, rexistrou 1.275.200 visitantes portugueses", dixo daquela.
Houbo cea fría e lanzamento de fogos de artificio. Para rematar, representouse a obra "Eterno Tui", dirixida por Roberto Carpio, con guión de Antonio Gala e representada por actores de TVE e extras locais para toda España.
Dous días despois desa xornada e co Parador de Turismo recentemente inaugurado, a corporación que presidía José Casal Aboy acordou conceder a Franco a Medalla de Ouro da Cidade agora en dúbida.
Adhesión do municipio á Marcha Mundial pola Paz
Na mesma sesión plenaria a corporación decidirá a adhesión do Concello á Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia que pasará por Tui o día un de novembro, sumándose así a adhesións de xefes de Estado de diversos países e personalidades mundiais de todos os ámbitos, como vén divulgando.
Outros asuntos que debaterán os concelleiros tudenses serán a celebración do 30 aniversario da celebración das primeiras eleccións democráticas en España, segundo o ditame da Comisión Informativa de Benestar Social, sobre a moción presentada polo PSOE quen manifestou o seu desexo de que estivesen presentes todos os que formaron parte da corporación municipal tudense naquel período.
No punto cuarto tratarase o ditame da mesma comisión sobre a proposta do alcalde-presidente relativa á presentación dunha solicitude á Xunta para dispor dun regulamento a aplicar ao xogo do bingo que realizan entidades sen ánimo de lucro.
Fonte: farodevigo
Artigo orixinal: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009032400_3_309215__Comarcas-Concello-debate-retirada-medalla-ciudad-Franco (artigo en castelán)

“O baúl das palabras máxicas” coa ilustradora Anxeles Ferrer
Toda a actualidade de Tui
O vindeiro martes na biblioteca municipal

Ilustración de Ánxeles Ferrer
A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza para o vindeiro martes 24 de marzo, ás 17.30 horas, unha actividade conmemorativa do “Día Mundial da Poesía” dirixida aos usuarios dos primeiros cursos de Educación Primaria.
Trátase do obradoiro titulado “O baúl das palabras máxicas” a cargo da ilustradora Anxeles Ferrer. Natural de Ourense leva moitos anos resindindo en Tui e no Baixo Miño e, na actualidade, é unha das ilustradoras galegas máis acreditadas. Amáis ten sete libros dirixidos aos rapaces, logrando importantes recoñecementos: o seu libro “O señores meses” (2000) foi preseleccionado para a lista de honra do IBBY ou “O grilo Gastón” foi escollido pola Fundación Germán Sánchez Ruiperez entre os mellores do ano 2003-2004 ou no 2006-2007 o seu libro “Tres princesas namoradas”.
Con esta actividade comeza o seu programa de animación á lectura a Biblioteca Municipal tudense que nos vindeiro días presentará a súa programación do “Mes das Letras”, unha cita que abrangue os meses de abril e maio con diversas actividades dixiridas a todas as idades.
Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui e forma parte do programa “Letras Vivas” que promove a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Conselllería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Anxeles Ferrer
Autosemblanza (ficha da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)
Nacín en Valdeorras.(Ourense)
Estudiei Ciencias da educación.
Dende o 1993 traballo como ilustradora, campo no que me considero autodidacta.
Escribin e ilustrei os seguintes libros:
-A aventura de Xanzolo (xerais, 1995)
-Os señores meses (xerais 2000, preseleccionado para a lista de honrra do IBBY)
-Ola, son a lua (Everest 2002, traducido ao portugues)
-O grilo Gaston (Everest, seleccionado entre os mellores do ano 2003-2004 pola Fundacion German Sanchez Ruiperez).
-A pequena árbore (Xerais 2005)
-Tres princesas namoradas(Galaxia 2006,seleccionado pola fundacion German Sanchez Ruiperez entre os mellores do ano 2006-2007).
-Aiko (Everest 2007).
E tamen ilustrei:
-A campá da lua (H.V.Janeiro)
-Que risa de rata(Ana Maria Fernandez)
-o quirico lambon(Bernardino Graña)
-Rosalía(H.V.Janeiro)
-Contos con sombreiro(Ana Maria Fernandez)
-Peter Pan nos xardins de Kesington(J.M.Barrie)
-A casa de carton(Concha Blanco)
-Carapuchiña vermella(Kalandraka)
-Contos fantasticos 2(Reigosa)
-Farrapos de nube(Xoan Neira)
-Lobez(Yañez Casal)
Outros:
Ilustradora invitada na revista Clij no 1996. nº 81
Ilustradora invitada na revista Fadamorgana no nº 10
Libros de texto para Xerais, edebe, santillana.
Exposicions:
-Galicia solidariedade (1997)
-As cores do vento
-Cores para a xente miuda
-Otros Pinochos españoles
-Rosalia ilustrada
-Vai de mar
-Feismo ilustrado
-Can de palleiro
-A fraga ilustrada
Os meus debuxos estiveron na feira de Bolonia nos anos 1997 e 2003.
Participei en numerosas ocasions en campañas de animacion a lectura en bibliotecas e colexios.
Fonte: VM
Artigo orixinal: http://www.vigometropolitano.com/news/176/ARTICLE/15062/2009-03-23.html

Suscribirse a:
Entradas (Atom)