lunes, 2 de marzo de 2009

Audrius Stonys acudirán ao festival de cine Play Doc

Play Doc, o festival internacional de cine documental de Tui, dedica na programación da súa quinta edición unha especial atención a dous excepcionais cineastas procedentes do Leste de Europa, o polaco Bodgan Dzwiroski e o lituano Audrius Stonys.Ambos realizadores, aos que Play Doc brinda sendas retrospectivas, estarán presentes no festival para presentar persoalmente os seus traballos e o seu xeito de facer e de entender o cine.

O certame tamén contará coa presenza de realizadores invitados, como Jay Rossemlat, un dos documentalistas estadounidense s máis laureado, a iraniana Rokhsareh Ghaemmaghami, a polaca Anna Wieckowska ou a moza belga Sofie Bennot.

Dziworski é un dos máximos representantes do cine experimental polaco. As súas películas realizadas entre os 70 e 80 oscilan entre a realidade e o realismo máxico. «A súa obra, a pesar dos anos continúa sendo innovadora, supuxo todo un achado para nós e, como en todo descubrimento hai unha intensa procura e unha dose de sorte», sinalan os directores do festival.

Fonte: lavozdegalicia.es

No hay comentarios: