lunes, 30 de marzo de 2009

En estado crítico un bebé ferido durante unha proba de enduro en Tui

Toda a actualidade de Tui

Morre a meniña de seis meses atropelada por unha moto nunha proba de enduro en Tui
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Se non pode ver o vídeo pique eiquí

Unha das motos que participaba no campionato saíuse do circuíto e golpeou dous carriños. O outro pequeno ferido xa foi dado de alta

Dous bebés resultaron onte feridos tras saírse do circuíto unha moto que participaba nunha proba de enduro en Tui e golpear os seus carriños. Un dos pequenos, de pouco máis dun ano, xa foi de alta pero o outro se atopa en estado crítico. Trátase dunha nena de seis meses que permanece na o UCI do Xeral de Vigo e témese pola súa vida.

O accidente produciuse onte pola mañá no monte Randulfe durante a celebración da quinta edición do campionato de enduro Cidade de Tui. Tras un dos saltos do percorrido, unha das motocicletas perdeu o control, saíndose do circuíto e golpeando os carriños onde estaban os nenos. O condutor caeu ao chan pero o acelerador quedou bloqueado e seguiu avanzando ata que chocou contra os carriños nos que se atopaban os nenos, que son primos e fillos de dous pilotos da provincia da Coruña que tamén participaban no campionato.

As primeiras investigacións policiais apuntan cara á hipótese dun fallo mecánico da motocicleta xa que aseguran que a proba cumpría todos os requisitos de seguridade e os bebés estaban a máis de oito metros de distancia do circuíto.

Fonte: lavozdegalicia

Informativos CRTVG

Artigo orixinal: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/30/00031238410419212240437.htm?idioma=galego

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/03/30/00031238410419212240437.htm (edición en castelán)

http://www.agalega.info/videos/?emi=6629&corte=2009-03-31&hora=08:39:06&canle=tvg1

No hay comentarios: