Toda a actualidade de Tui
A Federación de Empresarios do Baixo Miño (FEBAM), pon en marcha, a partir deste luns 9 de marzo, unha nova campaña promocional co obxectivo de dinamizar o pequeno comercio e impulsar o sector comercial e empresarial de Tui.
Nesta ocasión, e con motivo do 'Día do Pai', informa a FEBAM que tódalas compras realizadas nos establecementos asociados terán a oportunidade de gañar grandes premios cubrindo as papeletas e depositándoas nas huchas facilitadas pola Federación de Empresarios do Baixo Miño.
A campaña consta dos seguintes premios: 1 vale compra de 50 euros, 1o vales de 10 euros, 1 minicadea e 1 dvd. O sorteo celebrarase o martes 24 de marzo na sede de FEBAM (rúa Martínez Padín, 11).
Curso manipulador alimentos
A Federación de Empresarios do Baixo Miño organiza ademais o próximo mércores, 18 de marzo, un novo curso de "Manipulación de Alimentos", de tres horas de duración. Totalmente gratuíto para os asociados, levarase a cabo na sede de FEBAM. As listas permanecerán abertas ata o propio día do curso.
Os interesados en asistir a dito curso poden chamar ao teléfono 986 60 50 84 ou ben achegarse ata as instalacións de FEBAM para formalizar a súa inscrición.
Fonte: vigometropolitano.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario