martes, 3 de marzo de 2009

Traballadores do centro de saúde de Tui demandan colectores no recinto


Quéixanse de que os subterráneos non teñen o tamaño das bolsas sanitarias

Persoal do centro de saúde de Tui reivindica a reinstalación de colectores de lixo no recinto, para poder verter as grandes bolsas con material sanitario de desfeito. Retiráronse cando se fixeron as obras de "humanización" na zona, polo que ven obrigados a trasladalas ata colectores exteriores que están 50 metros de distancia. Debido ao seu tamaño, as bolsas non entran polas bocas dos colectores subterráneos que están máis cerca.

Un grupo de traballadores participou nunha manifestación que o pasado xoves percorreu varias rúas do centro urbano de Tui, dando a coñecer a súa demanda, pedindo o que vén facendo noutros municipios. José González Alonso, traballador e representante da CIG, explicou que "as limpadoras non poden manipular as bolsas con restos de sangue e curas, para pasalas a outras de menos tamaño a fin de poder utilizar os colectores subterráneos"."Parece que todo son trabas para este centro obsoleto", lamenta.

O alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, manifestou onte que "debe darse o mesmo trato a todos, sen dar lugar a discriminación", polo que non poden facerse excepcións nin co centro de saúde. Opina que o problema ao que se refire o colectivo pode liquidarse sen dificultade algunha se o servizo de limpeza utiliza bolsas de menor tamaño que as actuais.

Fonte: farodevigo

No hay comentarios: