miércoles, 1 de abril de 2009

O Sindicato Profesional de Policías denuncia a falta de axentes en Tui

Toda a actualidade de Tui

Hai oito gardas para tres quendas

O Sindicato Profesional de Policías Municipais de España, a través do secretario xeral en Galicia, José Manuel Pombo Fenda, denuncia a través de escrito a falta de efectivos na Policía Local de Tui, onde na actualidade existen oito axentes en activo, para cubrir as tres quendas de traballo, ademais do inspector xefe e o oficial. Hai tres policías de baixa temporal.

Fai fincapé o sindicato en que "existen sen cubrir catro prazas vacantes", referíndose á vacante creada no ano 2004, outra por falecemento no 2007, unha por xubilación en 2008 e outra de xubilación que haberá en agosto deste ano. Explica que "hai noites en que só está de servizo un policía local", que se atopa inseguro para realizar unha actuación con garantías, ao carecer de compañeiro. O sindicato advirte que velará para que nos Concellos onde teña afiliados os axentes non realicen servizos extras obrigatorios, recorrendo ata á vía xudicial, di. Engade que esta situación expúxoselle ao goberno tudense fai cinco meses por parte dos dous mandos do corpo, que lle solicitaron unha reunión, sen que se celebrou ata agora.
O concelleiro delegado da Policía Local, Antonio Castro Negro, explicou que "non se poden cubrir as baixas ata que non sexan efectivas". Dixo que hoxe se incorpora ao traballo un auxiliar que prestará servizo durante catro meses. Os próximos días 6 e 7 de abril celebraranse as probas para a selección doutros dous auxiliares que terminarán os seus contratos en agosto, mes no que se sacarán a concurso outras tres prazas,. "A Xunta non nos permite contratar auxiliares por un período superior a 4 meses", precisa Castro, recoñecendo que este persoal é "unha solución paliativa que supón unha axuda para o persoal de axentes". Ademais está previsto que un auxiliar funcionario fixo pase á categoría de policía.

O inspector xefe José Ramírez incide en que "os auxiliares non son unha solución pois só poden regular o tráfico e vixiar. Á hora dunha sanción deben contrastala cun axente".

Fonte: Faro de Vigo
Artigo orixinal: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009040100_3_312188__Comarcas-Sindicato-Profesional-Policias-denuncia-falta-agentes (edición en castelán)

No hay comentarios: