Toda a actualidade de Tui
A casa da Xunventude de Tui ten programas actividades como un curso de Hip-hop, iniciación a lingua árabe, fotografía dixital durante os meses de abril a xuño deste ano. Ademais do certame de fotografía 'Viaxando' en colabnoración
CURSO DE HIP HOP
Desde o 4 de febreiro ata o mes de xuño. Celébrase os mércores de 16.00 a 17.00. Dirixida a mocidade de 12 a 16 anos. Impartido por Vladimir Stoujinski
CURSO DE INICIACION A LINGUA ARABE
Curso de achegamento á lingua e culturas árabes. Ten unha duración de 30 horas que se desenvolverán entre o 27 de abril e o 22 de xuño. Terá lugar os luns e venres de 18.00 a 20.00 horas.
Dirixido a mozos de entre 16 a 35 anos.
CURSO DE INICIACION A FOTOGRAFIA DIXITAL
O curso terá os seguintes contidos: Vantaxes da fotografía dixital, funcionamento da cámara dixital. Sensores. Resolución.Tarxetas de almacenamento, nocións básicas de fotografía: diafragma, obturador, profundidade de campo, etc., iluminación básica, visión e composición, prácticas. Saídas á rúa, retoque dixital (Photoshop)
Terá unha duración de 20 horas que se celebrarán entre o 22 de abril e o 24 de xuño, os mércores en horario de 19.00 a 21.00 horas. Dirixido a mozos de entre 15 e 35 anos.
Máis información e inscrición na Casa da Xuventude de Tui. Telf: 986600568. informacionxuventude@yahoo.es
Poderán participar nas actividades os maiores de 35 anos no caso de quedar prazas libres
Certame de fotografía 'Viaxando'
Organizan: as oficinas municipais de información xuvenil de Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, O Porriño, Gondomar, Baiona e casa da xuventude de Tui
- Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos.
- A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO.
- As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4.
- Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita.
- A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.
- As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o mércores 30 de setembro de 2009.
- Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugu´randose oficialmente na OMIX de Tomiño o venres 16 de outubro de 2009 ás 20 horas.
- O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que deleguen.
- O fallo do xurado farase público o 9 de outubro de 2009. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada.
- O xurado poderá declarar deserto o premio.
- Concederase un único premio consistente nunha CÁMARA DIXITAL.
- A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.
Fonte: VM
Artigo orixinal: http://www.vigometropolitano.com/news/176/ARTICLE/15281/2009-04-01.html
jueves, 2 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario