Patrimonio esixiu en 2006 un material que se revelou deficiente e o Concello de Tui afronta agora o arranxo cun gasto de 30.000 euros

Operarios onte, na obra de encintado
O Concello de Tui custea a obra de novo encintado do firme de pedra desde a baixada á Mariña ata a Praza de Frómista, na zona monumental de Tui, cun gasto de 30.000 euros, para impedir o risco da rotura das antigas laxas ao paso dos coches, debido a que saltou o produto supostamente inadecuado que se utilizou no ano 2006 para o encintado, seguindo a orde dada por unha técnica da Dirección Xeral de Patrimonio.
O alcalde tudense, Antonio F. Fernández Rocha explicou que "estase facendo a obra como debe facerse: utilizando cemento para o encintado".
Recordou que Patrimonio, ao ter coñecemento do material que se utilizaba para o arranxo, paralizou esa obra, pero o Concello enviou un escrito argumentando as razóns de peso que tiña para continuala e o risco de danos no firme se non se realizaba canto antes. Argumentou que o proxecto orixinal aprobado e financiado polo PRODER contemplaba a utilización de cemento. Incluía o levantamento do firme, instalación das redes de subministración de auga, saneamieno e gas, ademais de reposición de pedras rotas . Contou que a técnica de Patrimonio, a pesar das advertencias, elixiu o produto que é propio para encintar fachadas "porque a cor era igual ao da pedra".
Fonte: farodevigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario